Paquetes de DJ para vodas

Elixide a vosa festa.

Os tres paquetes inclúen a música do aperitivo e do banquete, as vosas cancións especiais e 4 horas de festa desde o baile dos noivos, ampliables. O que cambia é o espectáculo.

Pro Pack

Todo o esencial para unha gran festa.

  • Cabina móbil a escoller (segundo dispoñibilidade)
  • Son profesional tipo array: 2 columnas con subgraves
  • Barra de iluminación profesional
  • Máquina de fume
  • Música ambiental no aperitivo e no banquete
  • Canción de entrada ao salón e cancións para agasallos e momentos especiais
  • 4 horas de festa desde o baile dos noivos (ampliables)
Ver a montaxe en vídeo Quero o Pro Pack

Ultra Pack

Para converter a vosa voda nun auténtico festival.

  • Son de alta potencia tipo array con 2 subgraves
  • Micrófonos sen fíos profesionais
  • Iluminación premium: truss de 4 m ou 4 tótems de 2 m, 8 cabezas móbiles, flash LED e láser
  • 2 máquinas de fume CO₂ + máquina haze de néboa fina
  • Pantalla LED de 3×2 m en truss + pantalla LED de 2×1 m na cabina, co voso logo, fotos e visuais
  • 2 máquinas de chispas frías incluídas
  • 4 horas de festa desde o baile dos noivos (ampliables)
Ver a montaxe en vídeo Quero o Ultra Pack

Non sabedes cal escoller? Contádenos a data, o lugar e como imaxinades a festa, e preparámosvos un orzamento á medida, sen compromiso. Desprazamentos de máis de 25 km desde A Coruña: consultádenos.

En vídeo

Así se ve cada paquete.

Montaxes reais en vodas: da barra de luces do Pro aos tótems con cabezas móbiles do Premium e ás pantallas LED do Ultra.

Pro Pack · barra de iluminación e fume
Premium Pack · tótems de iluminación con cabezas móbiles
Ultra Pack · pantallas LED e efectos

Comparativa

Paquete a paquete, dunha ollada.

CaracterísticaProPremiumUltra
Música no aperitivo e no banquete✓✓
Cancións especiais (entrada, agasallos…)✓✓
Horas de festa incluídas4 h4 h
Cabina móbil a escoller✓✓
SonArray + subgravesArray alta potencia + 2 subgraves
Micrófonos sen fíos—✓
IluminaciónBarra profesionalTruss ou 4 tótems + 8 cabezas móbiles
Flash LED e láser—✓
Fume1 máquina2 máquinas CO₂ + haze
Pantallas LED—3×2 m + 2×1 m
Chispas frías—✓ incluídas

Fotomatón Premium

Os recordos máis tolos da vosa voda.

Fotos impresas ao momento, GIFs e boomerangs ao móbil e un álbum de convidados para gardar para sempre.

  • 3 horas con técnicoSempre atendido durante o servizo.
  • Fondo a escollerCortina con brillo, lentellas, bosque tropical ou branco.
  • Neón «A tope contigo»No fondo (agás nos fondos impresos).
  • Deseño personalizadoPantalla de inicio e modelo cos vosos nomes e a data.
  • Impresión ao momentoTira 5×15 ou postal 10×15, con 2 copias de cada foto.
  • GIFs e boomerangsDescarga directa ao móbil dos convidados.
  • USB casete BailoteoCon todas as fotos, e galería dixital por ligazón.
  • Atrezo e álbum de convidadosPara que ninguén quede sen a súa foto (e a súa dedicatoria).
Fotomatón con parede vexetal e neón nun salón acristalado

Combinádeo con calquera paquete

O Fotomatón Premium súmase ao Pro, ao Premium ou ao Ultra. E para completalo:

  • Neóns en formato miniSegundo dispoñibilidade.
  • Audiolibro de convidadosTeléfono para deixar mensaxes de voz, USB casete con todos os audios e neón mini «Deja un mensaje».
Pedir orzamento con fotomatón

Servizos e efectos

Para a cerimonia, o cóctel e o gran momento.

Cerimonia

Sonorización da cerimonia

Cabina de control, son con 2 altofalantes profesionais, micrófonos sen fíos para lecturas e votos, e planificación musical.

Aperitivo

DJ live session no cóctel

Nada de «música de fondo»: 2 horas de sesión de DJ en directo adaptada aos vosos gustos, con cabina móbil e son exterior.

Audiovisuais

Pantalla e proxector

Para o vídeo sorpresa, a presentación de fotos ou o que teñades en mente.

Efectos especiais

Bengalas de lume frío, néboa baixa, canóns de CO₂, Megatrón, confeti e pantallas LED adicionais. Incluímolos no orzamento segundo o que queirades.

  • Bengala de lume frío
  • Néboa baixa para o baile
  • Néboa baixa + 2 bengalas de lume frío
  • Néboa baixa + 4 bengalas de lume frío
  • Pistolas de CO₂, Megatrón, confeti e outros efectos
  • Pantallas LED adicionais

Convén sabelo

  • Antes da voda facemos unha entrevista convosco para personalizalo todo, sen compromiso.
  • Para desprazamentos de máis de 25 km desde A Coruña, consultádenos.
  • As cabinas están suxeitas á dispoñibilidade de cada data.
  • Enviámosvos un orzamento pechado e detallado, sen compromiso, en menos de 24 horas.

Tedes data?

Nós poñemos a música.

Contádenos cando e onde o celebrades. Respondémosvos en menos de 24 horas con dispoñibilidade e orzamento, sen compromiso.